A túa Xanela medra en apenas un ano ata os 4.500 servizos

O operador de fibra óptica abriu un local propio en Monterroso. Un punto distribuidor en Sarria e pronto contará cun espazo propio en comarcas 
Interior da tenda A Túa Xanela na localidade de Monterroso. EP
photo_camera Interior da tenda A Túa Xanela na localidade de Monterroso. EP

A TÚA XANELA medra case á mesma velocidade que o internet dispoñible a través do seu servizo de fibra óptica. A empresa apenas leva un ano en funcionamento e xa conta con 4.500 servizos, unha amplitude que lle permite contar con tendas ou puntos de distribución en Chantada, Taboada, Allariz, Xinzo de Limia, Arzúa, Cee, Vimianzo, Negreira, Caldas de Reis, Mugardos, Monterroso ou Sarria (abertos moi recientemente os dous últimos). A intención é contar para abril cun local propio en Monforte.

A idea de Iñaki Castiñeira, o impulsor do proxecto, tivo éxito e vai camiño de consolidarse. Natural de Taboada e residente durante moitos anos en Barcelona, no seus períodos de vacacións comprobaba en primeira persoa as dificultades para acceder a unha rede de calidade nas poboacións rurais. Viu a oportunidade e decidiuse a poñela en marcha.

Dese xermen inicial naceu hai un ano A Túa Xanela, un operador encargado de distribuír fibra óptica e de facer chegar aos clientes o servizo final con garantía de proximidade e calidade. Da man de Rede Aberta fan chegar internet ata o rural, en moitos casos a sitios onde a rede brillaba pola imposibilidade de acceder a ela.

E a iniciativa tivo éxito, como amosan eses 4.500 servizos que puxo en marcha A Túa Xanela en tan só un ano. Iñaki Castiñeira está máis que satisfeito e prevé que ao longo do presente 2022 a empresa poida incrementar os seus clientes e tamén os puntos de venda e distribución.

Ofertas: hai unha promoción por 9,95 ao mes durante tres meses e ao rematar, de 29,95 euros mensuais 

En detalle. O posto de Monterroso atópase no número 1 da Praza de Galicia, xusto fronte á casa consistorial. Únese as outras tendas que A Túa Xanela ten abertas en Lugo. A de Sarria ubícase no número 37 da Rúa Peregrino, a de Taboada no 18 da Rúa Aviación Española e en Chantada, no 11 da Praza de España, máis coñecida coma Cantón. Algúns destes espazos son propios e outros, coma o de Sarria, son puntos onde se distribuén os servizos do operador.

Nestes lugares, A Túa Xanela ofrece fibra óptica cun mínimo de 100 megas de velocidade. Actualmente ten en marcha unha promoción de 9,95 euros ao mes durante tres meses. A partir de aí, o prezo sobe a 29,95. Nesa cantidade vai todo incluído, dende a instalación ata o router.

Tamén hai a posibilidade de boas ofertas no campo dos teléfonos móbiles. Os prezos van dende os 8,75 euros ao mes con cobertura de Movistar Ademais, hai determinados colectivos que dispoñen de ofertas especiais. Ás asociacións sen ánimo de lucro, por exemplo, A Túa Xanela regálalles internet para ofrecerlles as máximas facilidades á hora de desonvolver o seu traballo. Segundo conta Iñaki Castiñeira, xa son sete as que traballan con fibra óptica desta empresa, que vai camiño de transformarse nunha auténtica referencia das telecomunicacións.

Amplitude. Con esa firme aposta, A Túa Xanela xa conseguiu cubrir o 55% do territorio de Chantada. Iñaki Castiñeira agarda que este ano, o operador poida abarcar arredor dun 90% da superficie pertencente ao concello En Taboada, o territorio ocupado atópase no 60%, tamén coa previsión de situarse este exercicio arredor do 90. En troques, en Monterroso A Túa Xanela xa ten cuberto o 90% do territorio. Para ofrecer o servizo, a empresa emprega sempre a rede de Telefónica, coa que xa chega a lugares onde antes facíase moi difícil acceder a unha boa conexión. É unha aposta polo rural firme e decidida que non tardou en ter resultados.

Máis datos
Horario

A tenda de ATúa Xanela en Monterroso abre de luns a venres entre as 9.30 e as 13.30 horas. Tamén está dispoñible polas tardes, de 16.00 a 20.00 horas.

Internet

Non podía ser doutro xeito. ATúa Xanela está moi ben posicionada na rede grazas á súa páxina web, atuaxanela.es, e aos seus perfís en Facebook e Instagram, con detallada e variada información.

Contacto

A empresa ten habilitado o número de teléfono 982.46.54.05 para facer calquera tipo de consulta

Comentarios