Tres detidos en Lugo por usurpar a identidade de clientes para contratar sistemas de vixilancia

Perpetraron estafas en toda a provincia
La contratación de alarmas y sistemas de seguridad se ha convertido en una moda que no parece que vaya a ser pasajera.
photo_camera Sistemas de seguridade. ARQUIVO

A Garda Civil detivo, no marco da operación Ansedy, a tres veciños das localidades Rábade, Baamonde e Lugo, de 46, 36 e 34 anos, respectivamente, por formar un grupo criminal que se dedicaba a contratar de forma fraudulenta sistemas de alarma en vivendas e locais comerciais desta provincia.

En concreto, segundo informou a Garda Civil, foron imputados como investigados polos supostos delitos pertenza a grupo criminal, estafa, usurpación de estado civil e falsificación de documento mercantil.

Segundo a investigación, perpetraron estafas en Lugo, Sarria, Meira, Guitiriz, Baamonde, Vilalba, Monforte de Lemos, Pol, Guntín, Boveda, Begonte e Outeiro de Rei, para o que se amparaban na súa propia actividade laboral como comerciais dunha empresa do sector da seguridade de ámbito nacional.

"Os feitos delituosos foron cometidos entre outubro de 2016 e xaneiro de 2018, período no cal se detectaron multitude de prexudicados", explica a Garda Civil. De feito, algún dos estafados decatouse do que sucedía ao serlle denegada a concesión de créditos por estar inscritos na ASNEF (Lista de Morosos), a causa da falta de pagamento das cotas por servizos de alarma que nunca contratara.

Segundo a investigación, os tres detidos valíanse da súa condición de operarios ou comerciais dunha empresa de seguridade e, "actuando coordinadamente e mediante distribución de tarefas", obtiñan datos de supostos clientes, para realizar contratacións ficticias, coa finalidade de acceder a distintas bonificacións coas que a empresa de seguridade compensaba aos seus empregados. Dese modo, chegaron "a obter unha elevada contía económica".

Os integrantes do grupo "valíanse de diversas artimañas para sortear os filtros de seguridade cos que está dotada a empresa de seguridade para detectar posibles irregularidades cometidas por parte dos propios operarios", como achegar números de contas bancarias co fin de realizar eles mesmos o pago das primeiras cotas para non chamar a atención por falta de pagamentos.

Iso permitíalles cobrar a bonificación, que era moito maior eses primeiros pagos, "para posteriormente aprazar e finalmente suspender os mesmos".

Tamén facilitaban "teléfonos do seu círculo próximo" desde os que atender eles mesmos” ás chamadas da empresa para confirmar as supostas contratacións. As persoas detidas foron postas a disposición do xulgado de Instrución 3 de Lugo.