Rexistrado un tremor fronte á costa de Barreiros e outro en Villanueva de Oscos

Ambos os terremotos tiveron lugar o pasado domingo
Localización de los terremotos
photo_camera Localización dos terremotos

Un terremoto fronte á costa de San Cosme de Barreiros alcanzou os 2,3 graos na escala mbLg na noite do pasado domingo.  

Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, o tremor produciuse ás 23.40 horas.

Tamén o domingo, ás 3.22 horas da madrugada, rexistrouse un seismo en Villanueva de Oscos (Asturias), preto da Pontenova e A Fonsagrada. Neste caso, alcanzou os 2,2 graos na escala mbLg

Comentarios