A Deputación de Lugo leva á Semana Europea de Rexións o seu modelo asistencial

Tomei debullou na cita o sistema de atención aos maiores da institución provincia
Tomé, durante su intervención. EP
photo_camera Tomei, durante a súa intervención. EP

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, expuxo este martes no marco da Semana Europea de Rexións e Cidades 2020 o modelo asistencial e de atención aos maiores da institución provincial, seleccionada entre máis de 6.000 candidaturas para liderar neste encontro, o maior evento anual de política rexional de Europa, un seminario sobre o desafío europeo do envellecemento activo postcovid-19, celebrado por vía telemática. 

Na súa intervención, Tomé Roca debullou a Rede de Protección Social provincial, que presta servizo a persoas maiores en situación de vulnerabilidade, realiza accións de prevención da dependencia e favorece o envellecemento activo. Así mesmo, compartiu a experiencia da Deputación no desenvolvemento e implantación de enfoques innovadores elaborados para dar a mellor resposta á realidade social dos 67 concellos da provincia de Lugo. 

Na súa intervención, o mandatario provincial fixo unha radiografía da situación da provincia e das principais características da súa poboación: máis do 29% dos habitantes supera os 65 anos e a maioría concéntrase no rural. 

Estas particularidades, explicou Tomé Roca, son as que marcan as políticas sociais, que "perseguen aumentar os niveis de benestar da poboación, contribuíndo a lograr unha sociedade máis igualitaria". "A nosa liña de traballo céntrase na atención ás persoas, a cooperación coas familias e o desenvolvemento dun modelo de centros de maiores propio", indicou. 

A Deputación de Lugo considera que o envellecemento activo "conséguese dun xeito máis eficaz" se se vinculan novas pautas de conduta ou hábitos de vida á contorna tradicional do usuario, sempre que sexa posible, favorecendo "a permanencia no seu propio fogar". 

Neste sentido, o presidente expuxo os tres alicerces da Rede de Protección Social da Deputación: a colaboración cos concellos para a prestación do Servizo de Axuda no Fogar; a prestación do servizo de teleasistencia as 24 horas do día os 365 días do ano; e os centros públicos de atención a maiores.

Comentarios