O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes aos nove funcionarios e funcionarias que acaban de tomar posesión dos seus postos na entidade provincial.
O acto oficial da recepción dos novos traballadores, tres deles como funcionarios de carreira e seis como interinos, tivo lugar na sala de xuntas do Pazo de San Marcos.
O persoal levará a cabo as súas funcións nos servizos de recadación e inspección tributaria, unidade de proxectos, contabilidade e contas, granxa Gayoso Castro e portería.
Durante o acto, tamén estivo presente o secretario xeral da Deputación de Lugo, José Antonio Mourelle Cillero, e o xefe da área de recursos humanos, Jesús Arrizado.