jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

Tomei pretende "recuperar unha imaxe institucional correcta" na Deputación de Lugo

José Tomei. TOÑO PARGA
José Tomei. TOÑO PARGA

O alcalde de Monforte, candidato do PSOE á presidencia do ente, dixo que traballará para que a institución provincial "deixe de ser noticia por cousas que non lle corresponden"

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, designado pola Comisión Federal de Listas como candidato á presidencia da Deputación de Lugo este venres que un dos seus obxectivos, se finalmente chega a gobernar no Pazo de San Marcos, será "recuperar unha imaxe institucional correcta", logo dun mandato moi convulso.

De feito, Tomé dixo que traballará para que a institución provincial "deixe de ser noticia por cousas que non lle corresponden á Deputación".

O alcalde monfortino quixo agradecer expresamente o apoio da Comisión Federal de Listas do Partido Socialista á súa candidatura e o feito de que tivese en conta tanto a súa "disposición" como a dos demais aspirantes a deputados provinciais para iniciar "unha nova etapa" na Deputación de Lugo.

Desde o seu punto de vista, formouse "un bo equipo", pero tamén recordou que agora haberá que negociar co BNG para conformar un bipartito que lle dea "estabilidade" á institución.

En todo caso, aclarou que para iso aínda haberá que esperar a que se estableza "un marco xeral" de negociación en Galicia para formar coalicións nas tres deputacións nas que socialistas e nacionalistas teñen opcións de gobernar.

Dixo que unha vez establecido ese marco xeral, "en cada unha das provincias haberá que buscar acordos específicos".

"Hai que esperar para dar eses primeiros pasos. A partir de aí estableceremos contactos cos deputados do BNG para formar un goberno de progreso" que lle dea "estabilidade" á institución, algo que será "beneficioso para a provincia". 

Tomei pretende "recuperar unha imaxe institucional correcta" na...
Comentarios