Tomei participa na conferencia de presidencias de deputacións, centrada no reto demográfico

O político lucense intervén hoxe como relator nunha mesa sobre despoboamento neste congreso que se celebra en Valencia
V Conferencia de Presidencias de Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares
photo_camera José Tomé, á dereita, na conferencia de Valencia. EP

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomei Roca, participa na quinta conferencia de presidencias de deputacións, cabildos e consellos insulares de toda España que se celebra hoxe e mañá en Valencia baixo a organización da Federación Española de Municipios e Provincias (Femp) e a fundación Democracia e Goberno Local. O reto demográfico e a xestión de fondos europeos para a recuperación serán lso eixos centrais do debate.

José Tomei intervirá hoxe como relator nunha das mesas de traballo principal deste encontro, dedicada ao reto demográfico, na que exporá as políticas públicas que desenvolve a institución provincial lucense en cooperación cos concellos para contribuír a fixar poboación. Trátase de accións dirixidas fundamentalmente a dotar de máis e mellores servizos públicos ao rural e a favorecer o emprego e a actividade económica aproveitando os recursos da provincia.

Comentarios