Tomé móstrase convencido de que "non haberá repetición de eleccións"

O presidente da Deputación aposta por centrarse en traballar en que "haxa un cambio de goberno en Galicia"
José Tomé. TOÑO PARGA
photo_camera José Tomei. TOÑO PARGA

O presidente da Deputación de Lugo, José Tome, recoñeceu que o partido se vai centrar en traballar en que "haxa un cambio de goberno en Galicia" nos comicios autonómicos do próximo ano, porque está convencido de que "non haberá repetición de eleccións" xerais e chegarase a un acordo en setembro.

"Espero que non. Creo que non vai haber. Creo que non imos chegar aí", dixo Tomé, quen se mostrou convencido de que en setembro "haberá Goberno e non haberá repetición de eleccións".

En canto ao congreso provincial extraordinario que se celebrou a pasada fin de semana, "o Partido Socialista sae reforzado, sae unido e sae preparado para traballar de cara ao próximo proceso electoral, que se todo sae como está previsto, serán as autonómicas do ano que vén", dixo Tomé, quen recordou que "se se esgota a lexislatura serán no outono".

Desde o seu punto de vista, ese é "o traballo" no que ten que centrarse agora o Partido Socialista na provincia de Lugo cun "equipo cohesionado que vai liderar a secretaria xeral", Patricia Otero.

"Todos temos que estar detrás dela apoiándoa, porque ao final o obxectivo que temos no Partido Socialista é que haxa un cambio de goberno en Galicia e que Gonzalo Caballero sexa o próximo presidente da Xunta, e para iso hai que configurar unha maioría alternativa de esquerda no Parlamento galego", precisou.

Comentarios