Todos os concellos de Lugo teñen algún positivo por primeira vez na pandemia

Muras, que agora conta con dous casos, foi durante dúas semanas o único municipio da provincia sen contaxiados por coronavirus
Un hombre recibe la vacuna en Lugo. ELISEO TRIGO
photo_camera Un hombre recibe la vacuna en Lugo. ELISEO TRIGO

Por primeira vez desde que comezou a pandemia do covid-19, alá por marzo de 2020, todos os concellos da provincia de Lugo contan con algún positivo. Incluso coa chegada da variante ómicron, que destaca pola súa capacidade de contaxio, algún municipio resistira ata agora. Muras foi o último en caer, xa que logo de encadear dúas semanas sen casos, conta agora con dúas.

De todos os xeitos, o coronavirus presenta unha liña descendente en canto a casos activos na provincia (agora mesmo ten 6.871;  395 menos que o día anterior), mentres que segue crecendo a presión hospitalaria.

Os casos activos de covid crecen en 37 concellos de Lugo con respecto aos datos de hai unha semana, mantense iguais en dúas, e descenden en 28. Na maioría dos casos, o aumento de positivos non é moi rechamante, aínda que hai excepcións, como poden ser os casos de O Inicio, onde se triplican (de 10 a 30) ou Lourenzá, onde se duplican (de 25 a 50).

MAPA LUGO BO

O coronavirus segue á alza nalgúns dos concellos máis poboados da provincia, como Ribadeo (pasa de 266 a 312 casos) ou Chantada (de 220 a 272) e, en menor medida, Vilalba (de 348 a 362), mentres que noutros a curva empeza a descender. é o caso, por exemplo, da capital provincial, na que baixa o número de positivos por primeira vez desde a chegada da variante ómicron. Conta con 2.589, cando hai sete días tiña 2.865. Cabe recordar que antes de Nadal, a día 20 de decembro, contabilizábanse 445.

Tamén baixan os casos en Sarria, un concello que presentaba unha perigosa dinámica no último mes. Segue sendo o segundo da provincia con máis casos: 376, pero perdeu 63 na última semana. Algo parecido sucede con Viveiro (que pasa de 386 a 307), Burela (de 352 a 290) e Monforte (de 309 a 293).

A situación de Lugo é similar á de Galicia, o que invita a pensar que a sexta onda alcanzou o seu pico na comunidade. Así, os novos contagios e os casos activos manteñen a tendencia descendente iniciada a pasado fin de semana.

Comentarios