Termómetro semanal do covid: só 20 concellos lucenses están libres de casos

Hai apenas un mes eran 51, bastante máis do dobre 
Cribado entre los vecinos de Barreiros. JM ALVEZ
photo_camera Cribado entre los vecinos de Barreiros. JM ALVEZ

A escalada do coronavirus na provincia de Lugo faise notar en gran parte dos concellos da provincia, onde quedan tan só 20 municipios que non contan con ningún caso activo.

O concello con máis casos é Lugo, onde se contabilizaban á primeira hora da mañá deste luns 203, 75 máis que hai unha semana. Na capital hai varios brotes activos, moitos familiares, pero ningún que preocupe especialmente. Un dos máis numerosos é o vinculado a Franciscanos, centro onde unha trintena de alumnos deron positivo&novas cadeas de transmisión.

Tamén se percibe un incremento de casos en Monforte de Lemos, Chantada, Outeiro de Rei —municipio que tende a subir cando o fai Lugo xa que moitas persoas que traballan na capital residen nel— A Pastoriza, Ribadeo, Sarria e Viveiro. 

MUNICIPIOS SEN COVID. Os concellos lucenses que non teñen ningún caso de coronavirus son: Abadín, Baleira, Becerreá, Bóveda, Cervo, Cospeito, A Fonsagrada, Lourenzá, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Quiroga, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada e Triacastela. 

Mapa do coronavirus en Lugo

Comentarios