Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

O sur e centro da provincia de Lugo, en risco extremo por incendio

Estado dun monte de Cervantes tras a onda de incendios de outubro do pasado ano. XESÚS Ponche
Estado dun monte de Cervantes tras a onda de incendios de outubro do pasado ano. XESÚS Ponche

As altas temperaturas, unidas a outros factores, propician esta situación

Gran parte de Galicia atópase este martes en risco extremo por incendio, nunha xornada na que hai aviso amarelo por calor nas provincias de Ourense e Pontevedra por temperaturas que poden alcanzar os 38 graos. 

Deste xeito, a práctica totalidade das provincias de Ourense e Pontevedra atópanse en risco extremo, algo que tamén ocorre na zona sur da provincia coruñesa e o sur e centro de Lugo. 

Así figura no Índice de Risco de Incendio Forestal (IRDI), que publica diariamente a Consellería de Medio Rural e no que se observa que o risco é tamén alto ou moi alto no resto de Galicia, salvo en zonas da Costa da Morte e A Mariña. 

Para o establecemento do IRDI tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o das infraestruturas preventivas, das masas arbóreas e o do chan.

O sur e centro da provincia de Lugo, en risco extremo por incendio