Estes son os concellos nos que a hostalería poderá ampliar o horario de peche por San Xoán

Poderán facelo na maioría da provincia, aínda que hai excepcións, desde esta noite e ata as do día 25 ao 26
Una cafetería. ARCHIVO
photo_camera Una cafetería. ARCHIVO

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, confirmou este xoves a autorización para ampliar en dúas horas máis o horario de peche de hostalería desde esta noite (de xoves a venres) ata a noite do día 25 ao 26. 

A maioría dos concellos da provincia de Lugo poderán facelo coincidindo con strong <>San Xoán, aínda que hai algunhas excepcións que aclara a APEHL.

  •  CONCELLO DE ABADÍN, PORTOMARÍN e VIVEIRO: Unha hora máis.
  •  CONCELLO DE BURELA: autoriza unha hora máis ás actividades de restauración (restaurantes, salóns de banquetes, cafeterías, bares) e pubs.
     
  • CONCELLO DE CERVO: autoriza dúas horas a noite do 23 ao 24 de xuño e as noites do sábado 27 e domingo 28 de xuño.
     
  • CONCELLO DE QUIROGA: autoriza dúas horas os días 24,25 e 26.
     
  • NON ENVIARON AUTORIZACIÓN os seguintes concellos (xa que logo, os establecementos destes concellos, non poderán aumentar o seu horario de peche):  Carballedo, Chantada, Cospeito, Folgoso do Courel, Guitiriz, Monforte, Monterroso, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, Pol, Trabada e O Vicedo.

Comentarios