viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

Os alcaldes socialistas concéntranse en Lugo para denunciar o "abandono do rural"

Concentración dos alcaldes socialistas. XESÚS PONTE
Concentración dos alcaldes socialistas. XESÚS PONTE
Patricia Otero, secretaria provincial do PSdeG, achacou ás políticas de Alberto Núñez Feijóo a situación que vive a provincia

A práctica totalidade dos alcaldes socialistas da provincia de Lugo, así como a secretaria provincial do PSdeG, Patricia Otero, concentráronse este luns ante a delegación da Xunta para denunciar o "abandono" do rural por parte do Goberno de Alberto Núñez Feijóo. 

Na protesta, Otero criticou o "drástico recorte no plan marco de camiños da Xunta Galicia para os anos 2020 a 2021" e asegurou que na provincia serecortou máis dun "millón de euros" neste tipo de axudas. Segundo as súas estimacións, "pásase de 5,3 millóns na anualidade de 2016 a 3 millóns nas anualidades de 2020-2021". 

A líder dos socialistas lucenses ha argumentado que "o recorte no conxunto de Galicia desde o 2016 ata as anualidades de 2020 e 2021 é "dun 70%". "E trátase dunhas axudas para fixar poboación no rural, para vertebrar o territorio e chegar a explotacións gandeiras", apuntou. 

"Esta lexislatura que Feijóo dixo que era a do rural convértese nun verdadeiro abandono para o mundo rural", manifestou Patricia Otero, que sostivo que estes recortes tamén ven na "sanidade" e na "educación". "Están a recortarse profesionais e servizos nos centros de atención primaria. Xa non só nos hospitais comarcais", recriminou.

"CATRO ANOS MÁIS DE CAMPAÑA". O alcalde de Castroverde, José María Arias, que se erixiu en portavoz do resto de alcaldes sinalou que "a lexislatura do rural comeza aquí outra vez, catro anos máis de campaña de Feijóo e vese nos recortes dos camiños aos pobos". 

O alcalde de Castroverde fixo un chamamento "ás xentes das cidades" para que tamén se mobilicen"

"Estamos en éraa dos drones, dos coches voadores e aínda lle pide aos alcaldes que busquen sitio para pór antenas de telefonía rural", asegurou o rexedor, que asegurado que o que fixo Feijóo por Galicia tradúcese en recortes "e recortes" así como en campañas "publicitarias cada catro anos". "Que abandone toda esta propaganda", desvirtuou. 

Finalmente, o alcalde de Castroverde fixo un chamamento "ás xentes das cidades" para que tamén se mobilicen". "Feijóo ten que ter suxeita a Galicia na miseria e na fame negra, por non dicir outra cousa, porque nin antenas de teléfono temos", resolveu. 

Os alcaldes socialistas concéntranse en Lugo para denunciar o...
comentarios