O termómetro semanal do covid: Foz destaca á alza dentro da tónica á baixa

Os municipios sen casos son xa 31, e 11 contan cun só positivo
Hospital da Mariña. ÁLVEZ
photo_camera Hospital da Mariña. ÁLVEZ

O concello de Foz é o único da provincia que presenta un aumento de casos de covid significativo na última semana. O municipio mariñán aínda sofre as consecuencias do brote xurdido no Ceip O Cantel que provocou un crecemento notable de positivos. Deste xeito, con datos tomados desde o luns 20 ao luns 27  o municipio pasaba de 45 a 67 casos, saltándose unha tendencia á baixa que impera no resto da provincia.

O aumento que presenta o concello mariñán débese a que o virus xa se estendeu entre os familiares e achegados dos nenos e profesores contaxiados en primeira instancia. O número positivos só crece, ademais de en Foz, noutros cinco concellos, pero só faio nun caso.

Así, Cervo pasaba de 2 a 3; O Incio, de 1 a 2; A Fonsagrada, de 9 a 10; Lourenzá, de 1 a 2, e Sober, de 2 a 3. Só hai tres municipios que contaban este luns con máis de dez casos: o citado Foz, Lugo e Monforte de Lemos, e estes dous últimos presentan un sobresaliente descenso de casos.

A capital provincial contaba con só 20 fronte aos 78 do luns anterior. A cifra adquiren maior relevancia se se ten en conta que a principios de mes os contaxiados eran case 400. En cidade do Cabe o número de positivos baixou en 77 na última semana, pasando de 124 a 47.

A finais do mes de agosto, Monforte de Lemos contaba con case 260 casos de coronavirus.

MUNICIPIOS LIBRES DE CASOS. Este luns había 31 concellos libres do virus na provincia, e 11 con só un caso positivo, o que reforza a tendencia positiva pola que atravesa Lugo e que se estende ao conxunto da comunidade.

Os concellos sen casos son: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Meira, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Paradela, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, O Saviñao, Trabada, O Vicedo e Vilalba

Mapa de casos activos en Lugo

Comentarios