viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Sanidade citará a 18.700 lucenses para vacinarse a partir deste martes

Vacunación con AstraZeneca el pasado sábado en el Hula. VICTORIA RODRÍGUEZ
Vacunación con AstraZeneca el pasado sábado en el Hula. VICTORIA RODRÍGUEZ

Convocarase aos galegos nacidos entre os anos 1942 e 1946 e no período entre 1956 e 1961

A Xunta citará esta semana a preto de 145.000 persoas nas sete áreas sanitarias galegas, 18.700 na provincia de Lugo. Todos eles forman parte do arranque do plan de vacinación masiva contra a covid-19 para o mes de abril que avanzou o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este luns. 

A Consellería de Sanidade citará a vacinarse a partir deste martes aos galegos que naceron entre os anos 1942 e 1946 e no período entre 1956 e 1961. Nestes casos, a convocatoria atenderá a criterios de idade e priorizará aos maiores. 

Unhas 90.000 persoas do primeiro grupo, é dicir os nados entre 1942 e 1946, recibirán a vacina de Pfizer. 

Estes cidadáns serán citados mediante SMS con confirmación este mesmo luns e cunha chamada robótica ao día seguinte, aínda que os equipos de citación chamasen o mércores a aqueles que non confirmasen a súa cita por estas vías. 

O Sergas disporá de 14 puntos para este grupo de idade nos que se convocará aos galegos afectados para recibir a dose entre o xoves e o domingo. 

Na área da Coruña citaranse a 18.300 persoas no Ifeco e no Hospital Virxe da Xunqueira; na área de Lugo a 11.600 persoas no Hula (7.400) e nos hospitais da Mariña (2.400) e Monforte (1.800); e na área de Ourense vacinaranse 12.600 persoas en Expourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras.

Doutra banda, na área de Pontevedra e O Salnés, chamarase a 9.000 persoas a vacinarse no Pazo de Congresos e Fexdega; na área sanitaria de Vigo serán 17.500 persoas en Ifevi; en Santiago e Barbanza, 14.600 persoas na Cidade da Cultura e no Hospital de Barbanza; e en Ferrol chamarase a 6.400 persoas para acudir a FIMO.

ASTRAZENECA. Doutra banda, os nados entre 1956 e 1961 recibirán a vacina de AstraZeneca e o Sergas citará a 55.000 persoas por medio dun SMS que non precisará confirmación, aínda que se chamará a aqueles que non asistan para os seguintes días dispoñibles. 

Neste caso tamén haberá 14 puntos de vacinación. Unhas 11.250 persoas serán chamadas na área coruñesa para o Ifeco e Hospital Virxe da Xunqueira; na área de Lugo citaranse 7.100 persoas no Hula (4.600) e nos hospitais da Mariña (1.500) e Monforte (1.000); na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vacinaranse 6.600 persoas en Expourense, e nos hospitais de Verín e Valdeorras. 

En Pontevedra e O Salnés, serán 5.350 persoas a vacinar no Pazo de Congresos e Fexdega; na área sanitaria de Vigo serán 11.500 no IFEVI; en Santiago e Barbanza, 9.200 persoas na Cidade da Cultura e no Hospital de Barbanza; e na área de Ferrol chamarase a 4.000 persoas para acudir a FIMO. 

Estas vacinacións terán lugar entre o martes e o mércores excepto en Ferrol, onde se vacinará entre o mércores e o xoves.

DOSES DO MINISTERIO. Doutra banda, a Delegación do Goberno de Galicia informou da entrega á Xunta de 163.700 doses máis de vacinas fronte á covid-19. Delas, 105.300 correspóndense con Pfizer que se suman ás 58.400 de AstraZeneca que chegaron o pasado venres. 

O Ministerio de Sanidade entregou este luns 90 bandexas con 195 viarios por cada unha ao Servizo Galego de Saúde, que suman 105.300 novas doses. Este envío súmase á remesa de AstraZeneca, que contiña unhas 58.400 doses, engade. 

Sanidade citará a 18.700 lucenses para vacinarse a partir deste martes
comentarios