Rexistrados senllos terremotos en Triacastela e Ourol este venres

Os sismos foron de 1,9 graos na escala mbLg
Localización del temblor de Triacastela. IGN
photo_camera Localización do tremor de Triacastela. IGN

Os municipios lucenses de Triacastela e Ourol rexistraron durante a xornada deste venres, día 18, senllos tremores de terra de moi baixa magnitude.

O primeiro deles tivo lugar ás 06.35 horas da mañá e foi de 1,9 graos na escala mbLg, segundo o Instituto Xeográfico Nacional. Tamén foi de 1,9 graos o rexistrado en Ourol, na Mariña lucense, sobre as 14.20 horas. Curiosamente, un día antes, o xoves, Cartelle (Ourense) sufriu outro tamén de 1.9.

En todos os casos, os sismos non foron percibidos pola poboación e non causaron ningún dano material.

Comentarios