Retirados máis de mil niños de avispa velutina en Lugo no que vai de ano

O maior número de avisos concentrouse en agosto
Nido de velutina. EP
photo_camera Nido de velutina. EP

O número de niños de avispa velutina retirados no marco do plan de loita contra esta especie, acordado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), supera xa os 9.500, segundo expuxo a directora de Administración Local, Natalia Prieto, na súa comparecencia en comisión parlamentaria. En concreto, 1.056 elimináronse ou neutralizaron na provincia de Lugo.

Prieto explicou que as provincias de Pontevedra e A Coruña son as máis afectadas pola implantación destes niños e son tamén as que contan cun maior número deles retirados, 4.253 e 3.458, respectivamente, mentres que en Lugo e Ourense retiráronse 1.056 e 807, en cada caso. 

A directora xeral de Administración Local destacou o nivel de adhesión dos concellos ao citado plan, cun 96% que se sumaron ao mesmo, "15 máis que o ano pasado" e expuxo que reforzouse o equipamento para axilizar os traballos.

Por outra banda, destacou que, en relación ao ano pasado, descenderon nun 23% as chamadas de avisos. O motivo vinculouno coas labores de trampeo realizadas na primavera para frear a expansión, ao que sumou tamén a influencia das condicións meteorolóxicas. O maior número de avisos concentráronse en agosto, con máis de 6.300. 

Así mesmo, especificou que do total dos 17.236 avisos recibidos, ademais dos máis de 9.500 niños retirados, 1.976 correspondíanse con outros inactivos, en case 3.000 non procedeu actuación por tratarse doutras especies ou non visualizarse de forma directa e en case 780 tratouse de avisos duplicados xa comunicados por outros cidadáns. 

Comentarios