Rematan o asfaltado do acceso principal a Constante, en Guntín

O arranxo da estrada facilita a circulación entre a N-540, dende O Picato, e a vía LU-1611, á altura de Castelo, e entre tres parroquias
undefined
photo_camera Estrada asfaltada en Guntín. EP

O Concello de Guntín rematou as obras de asfaltado do principal vial de acceso á parroquia de Constante, desde a Nacional-540, á altura do Picato, ata a estrada provincial LU-1611, en Castelo. Tamén se pavimentaron accesos a grupos de vivendas dos barrios de Alvarín e Vilela e os sobreanchos existentes. O proxecto incluíu, ademais, o formigonado de cunetas nos núcleos.

O goberno local de Guntín calificou este proxecto como "esencial para as conexións do noso medio rural. Esta actuación supón unha mellora de varias estradas que van ata distintos núcleos da parroquia de Constante e facilita a circulación entre dúas das vías máis importantes do noso municipio, como son a N-540 e a LU-1611, e entre tres parroquias", segundo explicou a alcaldesa, María José Gómez.

Os accesos paviementados estaban en mal estado polo desgaste derivado das condicións metereolóxicas adversas, o exceso de auga en varias zonas e o paso de vehículos e de maquinaria pesada. Estas circunstancias dificultaban o tránsito en determinados tramos, polo que se acometeron os asfaltados para que os veciños circulen con maior seguridade e para que os titulares de explotacións gandeiras e agrarias poidan desenvolver o seu labor con comodidade.

Os traballos, xunto co proxecto e a dirección de obra, foron adxudicados á firma Jesús e Páramo pola cantidade de 91. 748

Os traballos, xunto co proxecto e a dirección de obra, foron adxudicados á firma Jesús e Páramo por un importe 91.748 euros.

María José Gómez insiste en que estas melloras permiten que os vehículos e a maquinaria pesada poidan desprazarse sen problemas. O proxecto enmárcase dentro dunha política municipal centrada no esforzo para ter en boas condicións a rede viaria, "aínda que somos conscientes da dificultade deste obxectivo, polos moitos quilómetros de rede viaria con que conta o concello, que ten 154 quilómetros cadrados de superficie", engade a rexedora de Guntín.

Comentarios