Reforzan a retirada de niños primarios de velutina en sete concellos de Lugo

A medida afecta a Chantada, Sober, Samos, Ribadeo, Viveiro, Muras, Abadín

Vespas Velutinas
photo_camera Avispas velutinas

A Consellería de Medio Ambiente reforzará a retirada de niños primarios de avispa velutina nunha vintena de municipios que teñen superficie dentro da Rede Natura, co obxectivo de minorar e conter a súa proliferación. 

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, trasladou á Agrupación Apícola de Galicia que ao longo de 2019 priorizaranse estas accións nos concellos de Monfero, San Sadurniño, A Capela, Melide, Toques, Santiso, Chantada, Sober, Samos, Ribadeo, Viveiro, Muras, Abadín, Calvos de Randín, Trasmiras, A Lama, Bueu, Cangas, A Illa de Arousa, Silleda e o Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

A conselleira manifestou que para a localización é fundamental a "colaboración cidadá", a través dos avisos para retirar os niños no prazo máis breve posible. 

A Xunta, segundo recordou, está a participar no proxecto Positive -no que esta agrupación tamén son socios beneficiarios asociados do proxecto-, unha iniciativa para o intercambio de experiencias e coñecementos para o control da avispa velutina entre países da zona Sudeo (países do sudeoeste europeo). 

Trátase dunha acción enmarcada no proxecto Interreg-Sudeo que ten por obxectivo contribuír á preservación dos insectos polinizadores que están a ser atacados por especies como a velutina e que minguan a súa función polinizadora natural. 

O proxecto, que ten un orzamento de case dous millóns de euros, conta con financiamento nun 75% de fondos Feder e promove a transmisión de coñecemento e experiencia dos socios máis experimentados, como é o caso de Francia, cara aos que levan menos tempo convivindo coa especie, como son o norte e noroeste de España e de Portugal.