A Federación de Vecinos pide inspeccións semanais "sen aviso" en xeriátricos

Solicitan esta media ante "xestións inadmisibles como as de DomusVi ou outras moitas repartidas pola xeografía lucense"
Jesús Vázquez, presidente de la Federación de Asociaciones de Vecinos. ADRA PALLÓN
photo_camera Jesús Vázquez, presidente da Federación Veciñal. XESÚS PONTE

A Federación Provincial de Asociacións de Vecinos de Lugo reclámalle á Xunta de Galicia que "os equipos de inspección da Consellería correspondente" fagan visitas semanais sen previo aviso" ás residencias de maiores da provincia, ante "xestións inadmisibles como as de DomusVi ou outras moitas repartidas pola xeografía lucense".

A federación veciñal afirma que "máis do 50% dos falecidos" por mor da pandemia correspóndense con residentes maiores en centros privados ou concertados".

Por iso, sostén que é "palpable, e así está a ser denunciado, o abandono e o trato indigno que reciben en moitos casos" os anciáns, especialmente en centros de xestión "privada, en mans de fondos voitre, onde as persoas maiores son un negocio para eles", o que provoca "recortes en todas as prestacións, na alimentación e na súa actividade diaria".

Por iso, este colectivo tamén reclama outro "modelo de xestión xeriátrica", que "quizais requira" incluso da aprobación dunha "nova lei" para protexer os dereitos das persoas maiores.

"Demandamos un trato humano impecable e con celo extremo", "cocientes de persoal cualificado", "servizos preferente públicos", un "control sanitario, hixiénico e de menús diario", un "exhaustivo control da mediación prescrita e dos seus horarios" e "actividades diarias segundo a persoa, físicas, neurológicas e de entretemento", engade.

"Estas reivindicacións farémosllas chegar ás consellerías de Política Social e de Sanidade", ante a "alarma social" que xerou a situación de determinadas residencias, "á vez que pedimos información sobre os seus plans inmediatos", conclúe.

Comentarios