Reabre unha aula en María Auxiliadora e pecha outra no colexio Juan Rei de Lourenzá

Os casos activos nos centros educativos de Lugo baixan a 68
Un aula vacía. ARCHIVO
photo_camera Unha aula baleira. ARQUIVO

Os casos de covid-19 activos nos colexios da provincia de Lugo seguen baixando e este mércores, con datos actualizados ata as 18.00 horas do martes, son 68, trece menos que o día anterior. Ademais, permanecen pechadas dúas aulas, aínda que con variacións: mantense clausurada unha no IES Enrique Muruais da Pontenova e queda en corentena outra no CEIP Juan Rei de Lourenzá, onde hai dous contaxiados.

Pola súa banda, reabre a unidade pechada no colexio María Auxiliadora de Lugo, que sae, do mesmo xeito que o IES de Monterroso, da lista de centros que teñen algún caso actualmente.

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz é o que ten máis contaxios, con 6, un lugar que ata agora ocupaba o colexio de Paradai, que pasou de 12 a 5 positivos.

COLES LUGO BO

GALICIA. Os casos activos de coronavirus nos centros educativos non universitarios de Galicia seguen en descenso, tras caer ata 796, o que supón unha diminución de 45 positivos respecto ao martes, segundo informa este mércores o Servizo Galego de Saúde, con datos actualizados ata o 18.00.

Ademais, as aulas pechadas temporalmente baixaron a >34 (dúas menos), mentres que non hai nestes momentos ningún centro educativo pechado temporalmente polo coronavirus en Galicia.

A área de A Coruña e Cee segue sendo a máis afectada con 303 casos activos entre alumnos e profesores (seis menos) e seis aulas en corentena (igual que este martes). A segunda con maior número de casos é a área de Pontevedra rexistra 123 casos (cinco menos) e sete aulas pechadas (unha menos); mentres que Vigo aglutina 120 positivos (seis menos) e continúa con sete aulas pechadas.

No cuarto lugar situouse Santiago, que contabiliza 86 casos activos (catorce menos) e cinco aulas pechadas (unha máis).

A área de Ferrol conta con 71 positivos (un máis) e cinco aulas en corentena (dúas menos); mentres que Lugo ten 68 casos (trece menos) e dúas unidades educativas clausuradas (as mesmas). Finalmente, Ourense suma 25 positivos entre profesores e alumnos (dous menos), e dúas aulas clausuradas (igual que o martes).

Comentarios