Seis queixos lucenses, entre os 90 finalistas que optan a ser os mellores de España

Foron seleccionados no transcurso dunha cata na que un xurado profesional elixiu entre 868 mostras procedentes de todo o territorio nacional
Queso azul de Airas Moniz. AIRAS MONIZ
photo_camera Queixo azul de Airas Moniz. AIRAS MONIZ

Seis queixos de tres queixerías da provincia foron seleccionados entre os 90 finalistas, en 15 categorías, que optan a ser elixidos como o Mellor Queixo de España 2022.

A cata das semifinais do certame, organizada por Salón Gourmets, tivo lugar en Madrid e os finalistas foron elixidos entre unha mostra de 868 queixos procedentes de todo o territorio nacional.

A queixería chantadina Airas Moniz é finalista en catro das categorías convocadas, cos seus produtos Balteria (vaca nova), Cithara (vaca curado), Savel (queixos azuis) e Terra (pasta branda).

O queixo Fontelas Novo, da chairega Quesería Fontelas, tamén foi seleccionado na categoría de vaca nova, e Quesar Mezcla, de Queserías Sarrianas, optará ao título entre os queixos de mestura

Comentarios