martes. 20.08.2019 |
El tiempo
martes. 20.08.2019
El tiempo

PSOE e BNG queren ir á investidura da Deputación con goberno pechado

José Tomei, candidato a presidir a Deputación, nunha imaxe de arquivo. TOÑO PARGA
José Tomei, candidato a presidir a Deputación, nunha imaxe de arquivo. TOÑO PARGA

O Bloque propón reducir as competencias da institución e a repartición obxectiva de fondos

O PSOE e o BNG comezaron negociar este venres co obxectivo de ir ao pleno de constitución da Deputación, que se celebrará o vindeiro xoves, cun acordo de goberno pechado. A investidura do socialista José Tomé como presidente está feita, xa que o BNG remarcou onte a súa idea de que o PP non goberne en ningún Concello ou Deputación cando exista unha opción alternativa "en clave de país e de progreso".

Á fronte da negociación está o propio Tomé, ao que acompañan pola parte socialista o secretario de Organización do PSdeG e presidente da xestora provincial, José Antonio Quiroga, a deputada en funcións e candidata a volver selo Pilar García Porto e o exalcalde de Castro de Rei Juan José Díaz Valiño, que foi deputado durante o primeiro bipartito da Deputación e asesor do presidente en funcións, Darío Campos. O equipo negociador do BNG fórmano o deputado en funcións Antonio Veiga, que deixará a institución; a concelleira en Lugo e futura deputada Maite Ferreiro, e Goretti Sanmartín, como secretaria de Implantación e Estratexia Municipal do BNG.

Socialistas e nacionalistas indicaron que a de onte foi unha primeira toma de contacto, na que se puxo sobre a mesa o acordo marco que os partidos alcanzaron hai semanas para as tres deputacións onde gobernarán. A delimitación e o traspaso de competencias para o adelgazamento da institución e o avance na repartición obxectiva de fondos aos concellos son algúns dos obxectivos do BNG, segundo recordou o partido este venres.

Os equipos negociadores volveranse reunir o luns para avanzar en cuestións como a repartición de áreas. Todo apunta a que se reproducirá o modelo de goberno de anteriores bipartitos e o que acordouse tamén nas deputacións da Coruña e Pontevedra, onde o partido maioritario preside e o outro ostenta unha vicepresidencia. Nesta nova etapa, o PSOE terá un deputado menos, que gañou o BNG. A portavoz do PP, Elena Candia, pediu aos futuros socios que "dean a coñecer ou seu proxecto para a provincia".

PSOE e BNG queren ir á investidura da Deputación con goberno pechado
Comentarios