O PSdeG esixe o mantemento dos paritorios en Monforte de Lemos e Burela

Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
photo_camera Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)

La parlamentaria socialista Patricia Otero presentou o pasado venres unha serie de iniciativas e cuestións no Parlamento de Galicia co obxectivo de instar á Xunta a manter os paritorios dos hospitais comarcais de Burela e Monforte, nun contexto no que o PSdeG lamenta "o peche do paritorio de Verín", indicou.

Otero alertou de que "a política da Xunta supón unha ameaza para os hospitais comarcais", e achegou datos sobre o número de nacementos nos mesmos, segundo os cales Monforte rexistraría 318 nacementos en 2018, e Burela, 350. "No canto de gabarse por estes nacementos, a política da Xunta vennos dicir que esta cifra é insuficiente", lamentou, á vez que situou sobre estes paritorios "a ameaza de seguir o mesmo futuro que o de Verín".

Para a parlamentaria socialista, este é un modelo que "prexudica especialmente as mulleres, ás que se lles quita a posibilidade de dar a luz no centro de referencia máis achegado", indicou. Por outra banda, sinalou que esta política "é a que provoca perda de poboación no rural, ante a falta de servizos básicos".

Comentarios