A presenza de Almeida xera gran expectación no Camiño Primitivo

Centos de peregrinos coincidiron co alcalde de Madrid na etapa entre O Cádavo e Lugo
undefined
photo_camera O alcalde de Baleira, xunto ao seu homónimo de Madrid, pouco logo de iniciar a etapa no Cádavo. SABELA FREIRE

O portavoz do Partido Popular e alcalde de Madrid, José Luís Martínez Almeida, arrincou este mércores a súa ruta a Santiago de Compostela polo Camiño Primitivo. Nesta primeira xornada o rexedor completou a etapa entre O Cádavo e Lugo, xerando ao seu paso unha gran expectación.

Logo de pasar o martes unha xornada de descanso en A Fonsagrada, na que participou nunha comida organizada por dirixentes do grupo provincial do PP, o alcalde de Madrid, que viaxa acompañado duns amigos, decidiu madrugar o mércores para empezar cedo a camiñar.

De feito, en torno ás oito da mañá xa estaba no Cádavo e, pouco logo de selar a súa credencial, comezou a dar os seus primeiros pasos por esta histórica ruta xacobea.

O rexedor de Baleira, o popular Ángel Enrique Martínez Puga, xunto a outros membros do goberno local exerceron como anfitrións e improvisados guías neste inicio de peregrinaxe, aínda que moi pronto o alcalde de Madrid quedou xa só en compañía do seu grupo de amigos e puido empezar a gozar da paisaxe, a tranquilidade e a relaxación que vén buscar no Camiño.

Pero a pesar da expectación que a súa presenza xerou entre os centos de peregrinos que este mércores percorrían esta mesma etapa, o grupo co que viaxa o alcalde de Madrid fixo tamén gala da súa boa forma física.

undefined

E é que, tal e como manifestou aos medios antes da súa partida no Cádavo, a elección da ruta primitiva non é casual senón que o rexedor vén buscando "un grao máis de dureza" en comparación ás súas anteriores experiencias tanto na ruta da Prata como no Camiño Francés.

Así, logo de realizar un pequeno descanso en Castroverde, o bo ritmo de paso de Almeida e compañía permitiulles concluír a etapa en Lugo ao redor das tres da tarde.

Pouco antes da súa chegada, membros do grupo municipal do PP, encabezados por Ramón Carballo, recibírono no barrio da Chanca e acompañárono ata o centro da cidade. Neste percorrido, Almeida volveu mostrarse próximo e amable, parándose a charlar e fotografarse con todas aquelas persoas que saíron ao seu paso.

Comentarios