O PP e Manuel Martínez tomban a disolución de Suplusa que propuña o BNG

Os nacionalistas aseguran que a entidade pública perdeu a súa condición de medio propio por mor de incumprir os mandatos da Deputación

Pleno de la Diputación. J. VÁZQUEZ
photo_camera Manuel Martínez e Elena Candia. EP

O PP e o deputado non adscrito, Manuel Martínez, tombaron unha moción do BNG, que apoiou o goberno provincial, na que se propuña a disolución de Suplusa.

Mentres que o portavoz nacionalista Xosé Ferreiro e a deputada socialista Pilar García Porto defenderon que a entidade pública perdeu a súa condición de medio propio por mor de incumprir os mandatos da Deputación, o PP explicou que a entidade ten unha encomenda de xestión e unha serie de traballos pendentes.

Tamén afearon ao goberno provincial que presentasen unha demanda xudicial a finais de xullo para a disolución da entidade, o que cualificaron como unha actuación "torticeira" para evitar un debate serio e produtivo sobre o que debe ser o futuro da entidade.

O debate resultou bronco nalgúns momentos, con reproches de Ferreiro polas dietas de 150 euros que cobran os membros do Consello por asistir ás xuntas da sociedade, dentro do horario laboral das súas dedicacións exclusivas.

Pola súa banda, tanto o PP como o deputado non adscrito e presidente de Suplusa, Manuel Martinez, afearon ao nacionalista a súa renuncia a asistir ás xuntas da sociedade, unha vez que perderon o control da entidade por deixar de ser socios do goberno lucense.

Comentarios