martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

O PP de Lugo pide a PSOE e BNG que apoien na Deputación a reclamación do Iva ao Estado

Alega que a negativa do Goberno central a transferir os fondos pode supor unha perda de recursos para os veciños da provincia

O Partido Popular de Lugo apelou á responsabilidade do PSOE e do BNG para que apoien no pleno da Deputación a súa proposta para esixir ao Goberno o pago a Galicia das cantidades do Iva de 2017 pendentes de pago, así como os incentivos por bo comportamento fiscal.  Nun comunicado remitido aos medios, os populares lucenses informaron de que, no próximo pleno provincial, a súa portavoz, Elena Candia, defenderá unha moción que busca o acordo da corporación para reclamar o apoio á reivindicación da Xunta dunhas contías que ascenden a 370 millóns. 

O PP de Lugo asegurou que o Goberno central debe adoptar unha solución urxente para transferir estes recursos "que lle corresponden aos galegos" e que a Administración central "xa recadou" e agora négase a transferir".  Os populares aseguran que o impacto económico desta decisión afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, pero tamén pode supor unha perda de recursos para os veciños da provincia.

ALUMADO DA A-6. Os populares de Lugo presentaron outra iniciativa na Deputación na que instan o Ministerio de Fomento a pór en funcionamento o alumado da A-6 nos enlaces coa capital lucense. "A nula ou deficiente iluminación da autovía A-6 ao seu paso por Lugo nos enlaces do Ceao, A Campiña, O Carqueixo e Nadela é motivo de constantes queixas ao longo dos últimos anos tanto por parte dos usuarios das vías como dos residentes na contorna das zonas indicadas", sinalan. 

O PP de Lugo asegura que Fomento xa coñece o "problema" pero censura que non lle poña solución. 

O PP de Lugo pide a PSOE e BNG que apoien na Deputación a...
comentarios