O PP empezará o xoves en Vilalba a presentación de candidaturas para os locais

Candia recoñeceu que se trata dun partido xudicial "estratéxico" para os populares

Elena Candia. AEP
photo_camera Elena Candia. AEP

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, confirmou que a súa formación vai "a bo ritmo" na confección de candidatura para as eleccións locais de maio, ademais de anunciar que este xoves —28 de marzo— terá lugar "o primeiro acto por partido xudicial completo", no que serán presentadas todos as cabezas de lista por circunscrición.

Precisou Elena Candia que Vilalba será o primeiro partido xudicial no que serán presentadas todas as candidaturas, nun acto no que participarán militantes, simpatizantes e, neste caso, tamén apoderados e interventores que traballarán o día das eleccións.

"É un partido xudicial que para nós é estratéxico, non en balde foi onde naceu o noso presidente fundador," dixo Candia, quen aclarou que este acto servirá "para explicar" o seu "modelo de provincia" e o seu "proxecto individual para cada municipio".

Precisou, así mesmo, que este acto, ademais de ser o primeiro, servirá "como modelo de presentación conxunta" para logo reproducilo nos demais partidos xudiciais por toda "a provincia".

Comentarios