O PP abrirá un "proceso participativo" para construír o programa de goberno da Deputación

O obxectivo é plasmar no documento as ideas que lles trasladen os lucenses

Elena Candia. AEP
photo_camera Elena Candia. AEP

A presidenta do PP provincial de Lugo, Elena Candia, avanzou que a formación abrirá un "proceso participativo que permitirá a construción entre todos" do programa de goberno para a Deputación, rexentada actualmente polo socialista Darío Campos. 

Así o explicou Candia no transcurso da reunión da xunta directiva provincial dos populares, que se celebrou na tarde deste mércores coa participación de cargos orgánicos do partido, alcaldes e portavoces municipais. 

A dirixente provincial tamén subliñou que este proceso participativo "pretende achegarlles a coñecer máis de cerca as necesidades das distintas zonas da provincia" co obxectivo de plasmar "as ideas que lles trasladen os lucenses" no programa electoral. 
 

Comentarios