Os positivos nos centros educativos de Lugo elevánse a 42 e hai catro aulas pechadas

Desde o sábado entraron la listaxe o IES da Terra Chá, en Castro, o CEIP O Cantel de Foz, o IES Muralla Romana. o CEIP de Casás, O CEIP Sagrado Corazón e o CEIP de A Ponte
Tres alumnos en un colegio de Ourense. BRAIS LORENZO
photo_camera Tres alumnos nun colexio de Ourense. BRAIS LORENZO

Os contaxios por covid-19 en alumnos dos centros educativos da provincia de Lugo subiron de 33 a 42 desde o sábado, segundo os datos facilitados este martes pola Xunta. Hai 29 centros na provincia, nunha listaxe na que entran o IES da Terra Chá, en Castro, o CEIP O Cantel de Foz, o IES Muralla Romana, o CEIP de Casás, O CEIP Sagrado Corazón e o CEIP de A Ponte, estes últimos todos da capital.

Ademáis, pechouse unha aula no CEIP Menéndez Pelayo, que se suma ás que xa o estaban no CPR Fingoi, no CEE Santa María e no CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita.

Todos os centros afectados na provincia, os alumnos contaxiados e as aulas pechadasSin nombre

MÁIS DE 300 AFECTADOS EN GALICIA. En Galicia, o número de contaxios por covid-19 experimentou un notable incremento desde este sábado nos centros e escolas infantís galegas, ao sumar preto de 50 novos positivos. Neste sentido, a incidencia do virus supera xa os 300 afectados en activo en Galicia nas instalacións educativas, con 48 aulas pechadas. 

Parte destes novos casos rexistráronse en 35 novos centros, nos municipios de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Sada, Santiago, Boiro, Oroso, Castro de Rei, Foz, Lugo, A Merca, O Barco, Ourense, Ribadavia, Verín, Pontevedra, Ponteareas e Tui. Doutra banda, 14 escolas desaparecen da listaxe. 

O maior incremento produciuse na área de influencia de Ourense, con 11 novos centros que se suman á listaxe de casos e que a sitúan como a zona con máis positivos xunto a de ACoruña e Pontevedra, esta última con 50 casos en activo. Pola súa banda, as áreas de Vigo e Santiago presentan 45 e 40 casos cada unha, e Ferrol un seis positivos. 

O CEIP ourensán As Mercedes, en concreto, é o centro con maior número de casos detectados até o momento e ascende xa a un total de 11 positivos, que obrigaron a manter unha aula pechada. 

Outras instalacións da zona, como o CPR Plurilingüe Divina Pastora do Barco, ou Santo Ángel de Ourense contan con catro positivos, respectivamente, do mesmo xeito que o CPI Mosteiro de Meis (cunha aula pechada), o CEIP A Ponte de Lugo, o Praza Barcelos de Pontevedra, con dúas unidades clausuradas; ou o CPR San Francisco de Vilagarcía. 

Entre os novos positivos detectados atópanse dous no Plurilingüe A Grande Obra Atocha, un no CIFP Imaxe e Son, dous no IES Adormideras e un no IES Ramón Menéndez Pidal, todos eles na A Coruña; xunto a outro no CEIP de Arteixo, o CEIP Vila de Rutis e dous no CEIP Pedro Barrié de la Maza, de Sada. 

Tamén se rexistraron casos na escola infantil Santa Susana, o IES Plurilingüe Rosalía de Castro, o CIFP Politécnico, e o CPR Plurilingüe San José de Cluny de Santiago: no IES Plurilingüe A Chachada, e o IES Espiñeira de Boiro e no IES de Oroso. 

Doutra banda, informouse doutros no IES da Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; o CEIP O Cantel de Foz, o IES Muralla Romana, o CEIP de Casás, o CEIP Sagrado Corazón e o CEIP A Ponte, de Lugo.

OURENSE E PONTEVEDRA. Os novos centros con positivos detectados en Ourense son o CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca, o CEIP Ramón Otero Pedrayo (2) e o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco; o CPR Seminario Menor Diocesano A Inmaculada, EPAPU de Ourense, CEIF Portovello, CPR Plurilingüe A Purísima, Santa Teresa de Jesús, e o IES Universidade Laboral, na cidade das Burgas; ademais do IES O Ribeiro de Ribadavia e o IES García Barbón de Verín. 

Así mesmo, súmanse novos casos no CPR Los Sauces e o IES Montecelo de Pontevedra, o CEIP Feliciano Barreira de Ponteareas, o IES Indalecio Pérez Tizón e o CEIP Plurilingüe nº 1 de Tui. 

Comentarios