
O grupo municipal do Partido Popular da Fonsagrada insiste na necesidade de dotar ao municipio dun Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES), polo que volverán pedir no próximo pleno que o goberno local "acepte o ofrecemento da Xunta"de cara a acoller no municipio unha base para este servizo.
A través do seu portavoz, José Luís Regueiro, os populares piden a creación dun equipo de traballo, do que queren formar parte, para iniciar os trámites para «a recuperación» deste servizo para a comarca.
Os populares sinalan que o municipio xa contaba con este servizo, que desmantelou o anterior goberno local, e que o actual ten agora a oportunidade de recuperar
José Luís Regueiro reitera que é necesario dotar á Fonsagrada deste servizo «con persoal cualificado e material axeitado para atender as necesidades que se poidan presentar en materia de emerxencias non noso concello».
O popular tamén recorda que A Fonsagrada xa contaba con este servizo, "que o anterior goberno local do PSOE non parou ata desmantelar", e que agora os socialistas teñen a oportunidade de volver polo en marcha grazas a que a Xunta «ofreceo a custo cero para o Concello».