Pecha unha aula en Ribadeo e reabre a escola infantil de Quiroga

Os casos activos de covid nos centros da provincia elévanse a 28
Interior de un aula. DANIEL LUQUE (EFE)
photo_camera Interior dunha aula. DANIEL LUQUE (EFE)

Os casos activos de covid-19 nos centros educativos non universitarios da provincia de Lugo elévanse a 28, sete máis que o pasado venres.

A semana arrinca tamén con dúas aulas pechadas, unha máis. En concreto, trátase dunha unidade do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, que se suma á que xa estaba en corentena na escola infantil Nosa Señora Purificación de Foz. En cambio, a escola infantil de Quiroga, que permanecía pechada, xa reabriu.  
COVID LUGO

GALICIA. Os casos activos de strong <>covid-19 nos centros educativos non universitarios –escolas infantís, colexios e institutos– de Galicia manteñen a tendencia ascendente e soben a strong <>535, o que supón 53 máis que a última xornada. Tamén se incrementan as aulas inoperativas a 26, sete máis, pero xa non hai centros pechados pola incidencia do coronavirus.

Por áreas sanitarias, salvo a de A Coruña, que se mantén con 134 casos activos, no resto ascenden en todas: Vigo (+18), Pontevedra (+17), Lugo (+7), Santiago (+5), Ourense (+5) e Ferrol (+1). Así mesmo, xa non hai na actualidade na comunidade galega ningún centro completamente pechado pola incidencia do coronavirus, ao saír da lista a escola infantil en Quiroga incluída ata o sábado.

Á cabeza en casos activos nos seus centros educativos mantense a área de Vigo, con 149, o que supón 18 máis, e conta con sete aulas pechadas debido á covid-19, tres máis. Séguelle a área de A Coruña con 134 positivos, sen cambios con respecto á xornada anterior, e tres aulas pechadas, unha máis. O centro con máis positivos él IES Alfonso X O Sabio, con 11, mentres que o CPR Plurilingüe Santa María Mar conta con oito.

Pola súa banda, na de Pontevedra increméntanse a 105 as infeccións activas en centros educativos –17 máis– e a sete as aulas inoperativas –tres máis–, entre elas dúas en escolas infantís do Grove e Sanxenxo.

Esta é a área onde se sitúa o centro con máis contaxios de Galicia; o CPR Plurilingüe A Inmaculada de Marín, con 13 positivos e unha aula pechada.

Mentres, na de Santiago aumentaron os casos activos de covid a 72, que supoñen cinco máis que a última xornada, mentres que as aulas pechadas descenden de seis a catro, entre elas dúas nun colexio de Ribeira que conta con seis positivos; outra en Lalín e outra nunha escola infantil de Ribeira.  A CEP Plurilingüe de Ventín, en Ames, concentra o maior número de contagios desta área, con oito.

MENOS CASOS. Con menos casos activos sitúanse as áreas de Ourense (33), Lugo (28) e Ferrol (14). A primeira delas, rexistra cinco contagios máis e mantense con tres aulas pechadas pola incidencia deste coronavirus.

En canto á de Lugo, concentra 28 infeccións activas, sete máis, e dúas aulas pechadas, unha máis. En concreto, as clases inoperativas sitúanse no CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo e na escola infantil Nosa Señora Purificación de Foz.

Finalmente, con menos casos de covid nos seus centros educativos mantense a área de Ferrol, con 14 contagios, o que implica un menos, e destaca como a única das sete en Galicia sen clases pechadas.

Comentarios