A parroquia de Meiraos contará cun centro de interpretación de covas

As oras para recuperar un antigo local situado no municipio do Courel para ese fin ascenden a 48.000 euros

Un grupo de espeleólogos, en una de las cuevas de O Courel. AEP
photo_camera Un grupo de espeleólogos, nunha das covas do Courel. AEP

A parroquia de Meiraos, situada en Folgoso do Courel, disporá do seu propio centro de interpretación de covas tras o inicio das obras nun antigo local social da zona. Os traballos proxectados ascenden ata os 48.000 euros e esta primeira fase execútase grazas a un convenio coa Consellería de Cultura e Educación.

O Concello está á espera de recibir outras subvencións, como pode ser a do GDR Ribeira Sacra-Courel, para avanzar na remodelación do inmoble e telo listo nun prazo máximo dun ano.

O centro de interpretación de Meiraos contará con varios módulos divididos en dúas plantas que ocuparán un total de 160 metros cadrados. Na primeira delas, ademais da recepción, situaranse dúas salas.

Distribuiranse catro zonas que se centrarán na paleontoloxía, a arqueoloxía das covas, a espeleoloxía e o descenso de barrancos

Unha estará enfocada á formación dunha cova e a outra á súa bioloxía. Na planta de arriba distribuiranse catro zonas que se centrarán na paleontología, a arqueoloxía das covas, a espeleología e o descenso de barrancos.

Para que a información chegue do xeito máis adecuado aos visitantes, o proxecto prevé a instalación de diversos paneis informativos, recreacións en tres dimensións das principais características físicas dunha cova, maquetas de gran escala, infografías e réplicas en resina de fósiles atopados neste tipo de cavidades.

Tamén se expón a creación dunha liña temporal nunha das paredes do edificio para mostrar as épocas nas que a humanidade comezou a usar vivendas estables e a orixe dos seus primeiros asentamentos en cavernas.

O concello busca crear unha zona expositiva que xere unha actividade turística e comercial que impulse a localidade e crear emprego

O Concello de O Courel propúxose varios obxectivos coa posta en marcha deste centro de interpretación. Un deles é a creación dunha zona expositiva que xere unha actividade turística e comercial que impulse a zona. Outro é a posta en valor das potencialidades da contorna a través dunha acción didáctica que atraia visitantes ao lugar.

Ademais, desde o equipo de goberno existía o compromiso de dar uso ao antigo local social aumentando as súas prestacións a través dunha intensa remodelación. O último dos obxectivos do Concello é crear e fixar emprego a través dos especialistas en paleontología que contratarán na posta en marcha do centro.

XEOPARQUE. O centro de interpretación de Meiraos súmase á oferta do futuro geoparque mundial da Unesco, cuxa candidatura forman os territorios de O Courel, Ribas de Sil e Quiroga unidos baixo o nome Montañas do Courel. Ademais da recente inclusión dos xeomiradores de A Pómez e As Fontes, engádense os recentemente adaptados de Pena de Ladeiro e Louxoá.

Os museos xeolóxicos e etnográficos de Quiroga e o centro de interpretación proxectado en Ribas de Sil que se centrará na minería aurífera romana completan dita oferta.

Espérase que antes de que finalice este mes, técnicos da Unesco visiten a zona para coñecer toda a súa riqueza e os proxectos en marcha para complementala.

Hai postas grandes esperanzas en conseguir o título, segundo destacou a alcaldesa courelá, Lola Castro.

Comentarios