Otero asegura que non chamou "machista" a Arias

A candidata á secretaría xeral do PSOE en Lugo dixo que só se refería a un comentario seu con tinguiduras "machistas"

Patricia Otero. AEP
photo_camera Patricia Otero. AEP

A deputada autonómica Patricia Otero aclarou que en ningún momento chamou “machista” ao seu rival pola secretaría  do PSdeG na provincia de Lugo, Xosé María Arias, senón que utilizou ese cualificativo para referirse a un dos comentarios que fixo o alcalde de Castroverde en relación coa súa candidatura, porque dixo que estaba “teledirixida”.

En declaracións a Efe, Patricia Otero quixo “resolver” esta polémica, porque as súas palabras simplemente referíanse a un comentario que, ao seu xuízo, tiña “tinguiduras machistas”.

“Non lle chamei machista porque, sinxelamente, non creo que sexa unha persoa machista. Realmente non o creo, porque se non non estaría neste partido”, dixo Arias, quen unha vez máis recordou que ambos os candidatos están “no mesmo barco” e que deste proceso ten que saír un partido “máis forte e cohesionado”.

Asegurou que Arias é un ”bo alcalde, que leva moitos anos traballando no Partido Socialista", e a súa intención é “apoiar e apoiar” desde a organización a todos os cargos institucionais, de modo que, superado este proceso, traballará “de xeito conxunto” con el.

O seu obxectivo é que “nas próximas eleccións o Partido Socialista sexa a primeira forza en votos na provincia de Lugo”, pero para iso “hai que centrar todos os esforzos” e deixar de lado “diferencias e discusións”. 

Comentarios