Campos busca apoios entre a oposición para aprobar un orzamento que supera os 88 millóns

O Partido Popular asegura que aínda non tivo acceso á proposta que fixo pública o presidente da Deputación e que aumentou a súa contía ao incluír a partida para o consorcio de bombeiros e Suplusa

Argelio Fernández Queipo, Darío Campos y Mayra García. DIPUTACIÓN DE LUGO
photo_camera Foto de arquivo de Darío Campos. J. VÁZQUEZ

Os orzamentos da Deputación de Lugo para 2019, inicialmente previstos en 84 millóns de euros, alcanzarán o total de 88,4 millóns ao sumarlle as achegas ao consorcio de bombeiros e á Sociedade do Chan Provincial (Suplusa). 

Así o anunciou, nunha rolda de prensa, o presidente da institución provincial, o socialista Darío Campos Conde, quen expresou que pretende levar as contas ao pleno de finais de novembro e para o que abriu xa "negociacións" cos grupos da oposición, ao atoparse en minoría. 

Así o anunciou, nunha rolda de prensa, o presidente da institución provincial, o socialista Darío Campos Conde, quen expresou que pretende levar as contas ao pleno de finais de novembro e para o que abriu xa "negociacións" cos grupos da oposición, ao atoparse en minoría. Campos compareceu ante os medios de comunicación acompañado polo vicepresidente da institución, Argelio Fernández Queipo, e a deputada de Economía, Mayra García.

Nesta liña, o presidente da Deputación confirmou que xa iniciou negociacións cos grupos da oposición, aínda que o Partido Popular asegurou este martes que aínda non tivo acceso á proposta que fixo pública o presidente da Deputación.

Por outra banda, os populares xa anunciaron que condicionarán o seu apoio ás contas á inclusión das partidas orzamentarias solicitadas nos acordos plenarios aprobados ao longo deste ano por iniciativa do seu grupo.

Os orzamentos contemplan de novo un Plan Único para os 67 concellos da provincia, aos que destinará 11 millóns de euros que chegarán a un "mínimo de 20" cando se inclúan "os remanentes". 

Para os plans de emprego destínanse 4,7 millóns

Para estradas, destínanse 17 millóns; para plans de emprego, 4,7 millóns; e 6,3 para continuar coa construción e a posta en marcha das residencias para maiores que programa o goberno provincial. 

Destes máis de 6 millóns, consíganse dous "para a apertura dos centros de Trabada, Pol, A Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil", en 2019, cunha oferta de 370 prazas para maiores e unha achega de 600 euros por praza por parte da Deputación.

A INSTITUCIÓN QUE "MÁS INVISTE" EN LUGO. Campos Conde presumiu de que a institución que preside é a administración que "máis inviste" na provincia e iso a pesar de que, obxectou, a Xunta dispón dun orzamento "100 veces superior" e "apenas o fai, afeou. 

"Falan de investimentos da Xunta na provincia, cando se refiren aos GDR que son practicamente un 75 por cento fondos da Unión Europea, e tamén falan de investimentos na provincia cando se refiren a gastos correntes que por lei están obrigados a asumir; como colexios, centros de saúde, transporte público ou as campañas da gripe", desvirtuou. 

Campos pon a disposición do Concello de Viveiro 'todo o parque móbil (provincial) e persoal técnico'

Campos Conde tamén destacou, sobre as riadas en Viveiro, que se puxo a disposición do Concello "todo o parque móbil (provincial) e persoal técnico para mirar distintos aspectos como pontes que caeron". 

Comentarios