Operarios da Deputación combaten o xeo e a neve en estradas de dez concellos

Tráfico chama a extremar as precaucións na A-8 á altura de Mondoñedo

Las quitanieves trabajaron en A Canda, en alerta por acumulaciones de más de cinco centímetros. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Unha quitaneves traballando. BRAIS LORENZO (EFE)

O Goberno da Deputación de Lugo mantén despregado o dispositivo de inverno que traballa no acondicionamento de estradas de 10 concellos da provincia pola presenza de placas de xeo. Segundo informou o Executivo provincial a través dun comunicado, os operativos traballan en concellos da montaña e do sur da provincia de Lugo, nos que se centran en desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve —de até cinco centímetros— para "garantir a seguridade dos usuarios das vías". 

Hai afectadas ao redor dunha trintena de estradas repartidas por Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. 

A Deputación lembrou que "ofrece asistencia viaria municipal a todos os concellos", que o fai "de modo totalmente gratuíta", unha prestación "que non ofrecen o resto das administracións" e que "é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios". Ademais, a Dirección Xeral de Tráfico informa, a través da súa páxina web, de que "a meteoroloxía adversa" provoca "circulación irregular" na A-8, á altura de Mondoñedo, desde o quilómetro 536 e o 552, en ambos os sentidos, e pediu que se circule con "precaución". 

Comentarios