A onda de roubos de máquinas en bares da provincia segue con dous furtos no Cádavo

Os ladróns levan comecartos e expendedoras de tabaco do Punto de Encontro e do Fino, cun procedemento similar aos de Muimenta e Castro
Máquina del Fénix, en Castro. EP
photo_camera Porta do Punto de Encontro de Baleira e máquina do Fénix, en Castro. EP

A subtracción de máquinas comecartos, de tabaco ou de apostas para desvalixalas posteriormente fose do local repetiuse de novo na provincia. Os últimos roubos deste tipo producíronse na madrugada do luns en strong <>O Cádavo, onde os ladróns entraron na cafetería Punto de Encontro e o Bodegón Fino. Estas actuacións súmanse aos casos denunciados hai uns días en senllos establecementos de Muimenta e noutro de Castro de Ribeiras de Lea.

A principios de mes rexistrouse un delito similar en Monterroso, onde os ladróns desvalixaron o comecartos no local e a máquina de tabaco nun escampado próximo, nos arredores da localidade.


Porta do Punto de Encontro, en Baleira. EP

Os delincuentes que actuaron en O Cádavo levaron unha máquina comecartos e outra de apostas deportivas do interior do Punto de Encontro. Ambas apareceron abandonadas e esnaquizadas á primeira hora da mañá, unha delas na estrada que vai A Baralla e a outra na pista de Córneas. Esta circunstancia fai supor que os autores do furto esnaquizaron as máquinas nos lugares onde apareceron tiradas na cuneta.

QUEDÓ A REXISTRADORA. O propietario do Punto de Encontro tamén botou en falta botes de propinas, pero tanto a caixa rexistradora como un destes botes quedaron encima da barra. é posible que os ladróns ouvisen algún ruído ou percibisen algún movemento que lles alertou e déronse á fuga. Para acceder a este establecemento rebentaron as tres fechaduras da porta de seguridade, cuxo cristal tamén presentaba danos.

O dono do Bodegón Fino botou en falta un comecartos e unha máquina de tabaco, que era da súa propiedade e tiña uns 600 euros de recadación. A esta cantidade hai que sumarlle os 400 euros do interior da máquina rexistradora, así como a desfeita da fechadura da porta de entrada do establecemento. No interior non se rexistraron apenas danos. Este negocio atopábase pechado desde hai oito días.

Os donos destes bares de O Cádavo puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil á primeira hora da mañá, aínda que atrasaron a tramitación da denuncia ata concretar o alcance das perdas. Máis aló do diñeiro en metálico, os danos causados en ambos os roubos é elevado polo custo das máquinas expendedoras. Os comecartos son propiedade dunha empresa que mantén un acordo de explotación cos distintos locais de hostalería.

O máis habitual é que os ladróns desvalixen as máquinas no propio establecemento, polo que chama a atención que nestes casos optasen por levarllas todas, quizá para facer o menor ruído posible.

NA Chaira. Aos roubos de máquinas de Baleira e aos denunciados hai uns días en senllos locais de Muimenta, o bar Praza e o O Asador O Cabuxo, sumouse a denuncia interposta polos responsables do bar Fénix, de Castro, que sufriron unha subtracción similar a finais da semana pasada.

Dúas persoas forzaron a porta do local, mentres outra esperaba no coche –foron gravados polas cámaras– e levaron a máquina comecartos e 300 euros de cambio.

O comecartos, do mesmo xeito que ocorreu nos roubos de Muimenta e Baleira, apareceu a varios quilómetros, en Matodoso, na estrada que vai a Triabá. O dono do Fénix calcula que as perdas roldan os 1.500 euros.

"Botaron cinco minutos non local, viñan a tiro fixo", explicaron a este xornal os propietarios do negocio.

A Garda Civil ten unha investigación aberta para resolver estes feitos e estudar se existe unha posible relación entre algúns deles.

Comentarios