sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

A provincia de Lugo recibiu o pasado ano 3,7 millóns en axudas directas do Igape

José Manuel Balseiro.AEP
José Manuel Balseiro.AEP

Os fondos están destinados a facilitar a creación, consolidación e crecemento das empresas

A provincia de Lugo recibiu o pasado ano un total de 3,6 millóns de euros en axudas directas do Igape. A cifra foi dada a coñecer polo delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, quen explicou que o pasado ano este organismo resolveu un total de 571 expedientes, que contribuíron a mobilizar uns 17 millóns de euros na provincia.

As axudas do Igape están destinadas a mellorar o sistema produtivo e facilitar a creación, consolidación e crecemento de empresas, xa sexa a través de axudas directas, en prestamos e avais ou en asesoramento e información a emprendedores.

O delegado territorial da Xunta en Lugo tamén anunciou que está dispoñible a nova guía para solicitar as axudas correspondentes a 2018. Nela establécese o calendario de convocatorias para que as distintas empresas poidan planificar os seus investimentos e proxectos. Este documento pódese descargar na páxina web do Igape ou solicitalo nas propias oficinas deste organismo na provincia.

A provincia de Lugo recibiu o pasado ano 3,7 millóns en axudas...
Comentarios