Nova protesta das familias do instituto de Becerreá polos recortes educativos

Os manifestantes, apoiados polas Anpas da Montaña e Fapacel, piden que non se supriman materias optativas
becerreá1
photo_camera Participantes na protesta en Becerreá contra os recortes en educación. EP

Familias e alumnos do IES de Becerreá volveron concentrarse este mércores diante do instituto para reclamar un "ensino digno" no rural e protestar pola supresión daquelas materias optativas que contan con poucos alumnos.

Os manifestantes, apoiados polas Anpas da Montaña e Fapacel, buscan cambiar o actual modelo educativo, "deseñado para colexios onde, literalmente, lles sobra alumnado" e piden un plan educativo "específico" para os centros de ensino do rural.

"Aquí non se trata só de quitar unha optativa, trátase de quitar oportunidades" aos alumnos que estudan no rural, alegan as familias nunha nota publicada a través de redes sociais.

Educación pretendía eliminar algunhas materias que non contaban cun mínimo de cinco alumnos, como era o caso de Francés nos cursos de 3º e 4º e en 1º e 2º de Eso, a pesar de ser materias das que o alumnado podíase examinar na Abau.