Norvento finaliza a construción de seis parques eólicos na provincia de Lugo

Están situados en Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá
Un parque eólico. AEP
photo_camera Un parque eólico. AEP (ARQUIVO)

A empresa Norvento, especializada en enerxías renovables, finalizou a construción dos seis novos parques eólicos na provincia de Lugo.

Nun comunicado, a empresa española indica que "cumpriu co prazo marcado para a súa tramitación” tras a adxudicación dos proxectos nunha poxa convocada polo entón do Ministerio de Enerxía, agora denominado de Transición Ecolóxica.

Situados en Abadín, A Pastoriza, Mondoñedo, Riotorto, Trabada, A Pontenova e Lourenzá, os parques xa están todos en funcionamento e catro deles xa se atopan envorcando enerxía á rede eléctrica desde hai meses.

Os parques ten capacidade para xerar un total de 128 Mw de potencia e producirán unha cantidade de enerxía anual equivalente ao consumo eléctrico dun municipio de 90.000 habitantes.

Os novos parques están a ser monitorizados e xestionados tanto desde centros de control situados nas propias instalacións

Coa finalización destes proxectos, Norvento suma xa máis de 242 MW en operación en España, e conta con máis de 800 MW en desenvolvemento dentro e fóra do noso país.

A compañía calcula que os novos parques de produción de enerxía eólica evitasen a emisión de 4 millóns de toneladas de CO2 durante a súa vida útil.

Ademais, xerarán uns 19 millóns de euros para administracións locais e autonómicas en concepto de taxas e impostos nos lugares onde se sitúan, segundo Norvento.

Os novos parques están a ser monitorizados e xestionados tanto desde centros de control situados nas propias instalacións como desde a sede da compañía situada en Lugo, engade.

Trátase dun "dos edificios máis avanzados de Europa en independencia e autogeneración enerxética mediante renovables, e que funciona totalmente desconectado da rede eléctrica mediante enerxías limpas", conclúe.

Comentarios