Muras, o concello de Galicia con máis vacas por habitante

A Pastoriza é o municipio da provincia no que hai máis reses en total â?? Lugo é a cidade galega na que máis animais deste tipo rexístranse
Vacas en un campo. EFE
photo_camera Vacas en un campo. EFE

En Galicia hai 531.004 vacas e 2.701.819 persoas, o que supón unha proporción de 0,19 vacas por cada galego. 

Este tipo de estatísticas veñen sendo populares en redes sociais, con contas como a da \cantasvacashaiTrátase dun bot que publica cada día o número de vacas por habitante que hai nun concello galego —empregando os datos facilitados polo IGE—.

Agora, a CRTVG realizou unha clasificación os concellos galegos en relación á proporción de vacas por habitante e cantidade total de reses no municipio.

VACAS POR HABITANTE. Se atendemos ás estatísticas de vacas por habitante, atopamos varios concellos da provincia de Lugo no top 10. é máis, o número 1 é para Muras con 3.285 vacas e 642 habitantes —proporción de 5,12—.

vacas1

Táboa realizada pola CRTVG

A Pastoriza, Pol, Paradela, Triacastela e O Páramo son outros dos municipios lucenses que están na lista. 

Ademais, é destacable que Lugo é a cidade galega na que máis vacas hai —9.631—, aínda que a proporción é de 0,1 vacas por habitante xa que hai 98.276 persoas.

NÚMERO DE RESES EN TOTAL. En canto ao número de vacas en total nos municipios, Lalín atópase no máis alto da lista. En segundo lugar xa se acha un concello lucense, A Pastoriza, con 14.856 reses.

vacas2

Táboa realizada pola CRTVG

No top 10 tamén están Sarria, Castro de Rei, Vilalba, Friol e Lugo

Comentarios