Un total de 51 municipios de Lugo únense para cobrar ás enerxéticas polo uso do chan público

Pretenden cobrar un canon á empresa de gas e electricidade

Darío Campos, en un pleno de la Diputación. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Darío Campo. VITORIA RODRÍGUEZ

Un total de 51 municipios dos 67 que ten a provincia de Lugo asinaron este luns un acordo de colaboración coa Deputación de Lugo para a elaboración dunha ordenanza municipal, que logo será aprobada en cada un dos concellos polas súas respectivas corporacións, para cobrar un canon ás empresas enerxéticas pola utilización do "dominio público".

O convenio foi asinado na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos polo presidente da institución provincial, Darío Campos, e os alcaldes dos 51 municipios que se sumaron a esta iniciativa. "As empresas enerxéticas, tanto de gas como de electricidade, non están a pagar nada pola utilización do chan público", explicou Campos aos medios de comunicación, polo que este convenio, por valor de 256.000 euros, unha cantidade da que a Deputación de Lugo achega o 50% e os concellos a parte restante, servirá para "realizar un estudo técnico e xurídico" sobre a posibilidade de establecer un canon.

En realidade, o que se busca, aclarou, é "elaborar unha ordenanza que será aprobada en cada concello para que os beneficios que obteñen as empresas enerxéticas tamén repercutan nos municipios" onde desenvolven a súa actividade grazas ao uso do chan público.

"Adheríronse 51 municipios da provincia, pero algún outro xa anunciado a súa intención de sumarse", dixo Campos, quen tamén precisou que incluso se podería asinar un convenio específico" con eles. A idea, insistiu, é cobrar "un canon polo uso do chan público".

Comentarios