Un motorista faleceu este xoves logo de caer da moto que conducía na estrada PO-340, ao seu paso pola parroquia de Malvas, no concello de strong<> Tui.
Ao redor das seis e cuarto da tarde, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia deste sinistro e, enseguida os servizos sanitarios confirmaban o accidente e indicaban ademais que a persoa estaba inconsciente.
De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia comunicaban os feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Baixo Miño e tamén á Policía Local e Protección Civil de Tui.
Xa no lugar, os servizos de urxencias non puideron máis que confirmar o falecemento do motorista.