Monterroso e O Saviñao acollerán uns cursos sobre plantación e poda de castiñeiros

Terán lugar os días 24 e 25 deste mes
Varios castaños. SEBAS SENANDE
photo_camera Varios castiñeiros. SEBAS SENANDE

A Xunta celebrará dous cursos formativos sobre a planificación e o deseño de plantacións de castiñeiro de froito en Monterroso e Paderne de Allariz (Ourense), así como outro relacionado con podas para a renovación destes soutos no Saviñao.

Deste xeito, búscase planificar as plantacións de castiñeiros de acordo coas zonas e o destino final do produto e complementar a formación dos produtores respecto de novidades de investigación, tratamentos de árbores, tendencias técnicas e de mercado e distintos tipos de podas e enxertos, segundo detalla a Consellería do Medio Rural. 

En concreto, a formación impartirase no polideportivo municipal de Paderne de Allariz este martes ás 18,.00 horas e en el centro sociocultural de Monterroso ás 16.00 horas do próximo venres, 24 de setembro. Mentres, o curso do Saviñao celebrarase no auditorio municipal ás 10.00 horas do próximo sábado, 25 de setembro. 

As persoas interesadas en asistir á formación poden inscribirse a través dos formularios dispoñibles na páxina web da Consellería do Medio Rural, que deberán enviarse ao correo electrónico [email protected] con indicación do curso que se se solicita. 

Comentarios