Lugo terá 248 persoas máis para combater o lume

Medio Rural contrata estes traballadores como fixos descontinuos durante seis meses
Personal antiincendios, trabajando para sofocar un fuego. ARCHIVO
photo_camera Persoal antiincendios. ARQUIVO

A Consellería de Medio Rural reforzou esta semana o Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais na provincia de Lugo coa incorporación de 248 traballadores fixos discontinuos por un período de seis meses.

O delegado territorial da Xunta na provincia, Javier Arias, sinalou que o Goberno galego sempre incrementa o persoal neste momento do ano "para dar un pulo aos traballos previstos no plan preventivo antes do comezo da tempada de alto risco".

Este plan suporá un investimento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns cinco mil quilómetros de pistas e vías de comunicación, entre outras accións.

O operativo refórzase nos cinco distritos forestais que cobren a provincia, especialmente nas categorías profesionais de bombeiro forestal, con 66 novos traballadores, e condutores de motobomba, tamén con 66 incorporacións. Ademais, contrátase persoal nas categorías de xefe de brigada, bombeiro forestal, condutor, técnico forestal, emisorista e vixiante, entre outros.

Comentarios