Lugo ten 54 centros plurilingües, 6 máis que o pasado curso

Carmen Pomar. J.VÁZQUEZ
photo_camera A conselleira de Educación, Carmen Pomar. J.VÁZQUEZ

A provincia de Lugo conta neste curso cun total de 54 centros con modelo plurilingüe, dos que seis se incorporan por primeira vez a este proxecto, segundo datos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ademais, outros catro centros que xa eran plurilingües amplían este ensino a outras etapas educativas.

Os centros que se incorporan por primeira vez a este modelo de ensino -que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira- son os Ceip Castro de Ouro (Alfoz), Antas de Ulla, Foz número 1, Poeta Avelino Díaz (Meira) e a Santa María do Valadouro, ademais do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Lugo.

Entre os colexios que estenden a súa oferta plurilingüe a novas etapas de ensino están os centros Virxe do Monte (Cospeito), Tino Grandío (Guntín), A Milagrosa (Lugo) e San Rosendo (Mondoñedo).

A nivel galego, este curso hai un total de 377 centros educativos con plurilingüismo en Primaria ou niso; 170, na etapa de Infantil (PluriInfantil); 13, en Bacharelato (PluriBach), e 23, en ciclos formativos de FP (PluriFP).

Ademais, segundo explica a Consellería de Educación, as seccións bilingües incrementáronse este curso en 727 centros, polo que a suma total de ascende este ano a 4.647.

AUXILIARES. Para dar apoio aos aproximadamente 110.000 alumnos beneficiados con estes programas, a consellería pon ao servizo da comunidade educativa a un total de 617 auxiliares de conversación nativos. Aínda que esta cifra é similar á do pasado curso, desde a Xunta explican que este ano poderán atender a un maior número de alumnos ao habérselles ampliado o horario. Cada centro educativo conta, ademais, cun auxiliar de conversación.

Comentarios