Lugo recolle o 83% das denuncias de plantacións ilegais de eucalipto

Adega denuncia unha "eucaliptización" en Galicia equivalente a 200 campos de fútbol desde que se aprobou a moratoria para controlar a proliferación desta especie na paisaxe
Varios eucaliptos. EP
photo_camera Varios eucaliptos. EP

Adega denunciou a "ocupación ilegal" con eucalpito dunha superficie equivalente a uns 200 campos de fútbol desde a moratoria que prohibe a plantación desta especia ata finais do ano 2025 en Galicia, segundo sinala nun comunicado. Nel, apunta que, desde o pasado mes de abril, presentou máis dun centenar de denuncias na Consellería de Medio Rural por plantacións "ilegais" deste tipo.

No día en que entra en vigor o novo plan forestal de Galicia 2021-2040, esta organización sostén que tanto a moratoria como o novo plan forestal "parecen estar a provocar o efecto contrario" o exposto de reducir a superficie ocupada con eucalipto. 

Tamén sinala que, dentro da súa campaña para informar de plantacións ilegais e tras seis meses, recibiu máis de 230 avisos sobre infraccións cometidas no ámbito forestal, "dos que máis de 200 son denunciables e teñen que ver coa plantación indiscriminada ou irregular" de especies deste tipo en Galicia. 

Así mesmo, indica que presentou ante a Consellería de Medio Rural e outros organismos competentes "máis de strong <>100 denuncias sobre plantacións, curtas e cambios de cultivo en parcelas que infrinxiron a normativa forestal e, nalgúns casos, tamén a normativa ambiental, a de augas e de patrimonio".

Lugo é o ámbito territorial máis afectado é a provincia de Lugo, xa que rexistra o 83 % das denuncias presentadas. Adega sinala que no territorio lucense incrementouse especialmente a eliminación de bosque autóctono para o seu posterior "eucaliptización", algo que sucedeu sobre todo nos municipios de strong <>Baralla, A Fonsagrada, Antas de Ulla, Castroverde Palas de Rei.

Comentarios