Lugo mantense como a única área sanitaria sen aulas pechadas

Os casos na comunidade educativa lucense descenden de 31 a 29, mentres que en Galicia soben ata os 631
Interior de un aula. DANIEL LUQUE (EFE)
photo_camera Interior dunha aula. DANIEL LUQUE (EFE)

A incidencia do coronavirus nos centros educativos de Lugo continúa á baixa. A área sanitaria lucense é, de feito, a única de Galicia que non ten ningunha aula pechada, nun día no que os casos totais na comunidade educativa é 29, dúas menos que na xornada anterior. 

Este venres é terceiro día consecutivo con todas as aulas abertas na provincia. Os 29 casos repártense en 18 centros distintos (el CPR Padres Escolapios engádese aos 17 que había este mércores). O colexio San José, da capital lucense, é o máis afectado, con seis persoas contaxiadas, seguido polo CEIP Casás, con catro. O resto de colexios ou institutos afectados teñen un ou dous enfermos co virus. 

Colexios de Lugo

GALICIA. Os casos activos de covid-19 en centros educativos non universitarios de Galicia subiron ata os 631, con 22 casos máis que no último rexistro; mentres que o número de aulas pechadas descenden en oito, ata as 34, segundo os datos facilitados pola Xunta.

Ademais, a escola infantil unitaria de Cerdedo-Cotobade, en Pontevedra, atópase totalmente pechada por contagios de covid-19.

A área de Vigo segue contabilizando o maior número de contaxiados, 197 (tres máis que no último rexistro) e conta con 15 aulas pechadas (dúas menos); seguida da Coruña, con 172 contagios (catro máis), e nove aulas pechadas (tres máis).

Pontevedra suma un total de 109 casos (doce máis) e tres aulas pechadas (tres menos); a área de Santiago contabiliza 78 casos (tres máis) e cinco aulas pechadas (cinco menos); 

Para rematar, a área de Ourense rexistra 35 casos (dous máis) e unha aula pechada (unha menos) e a de Ferrol conta con 11 casos e unha única aula pechada (sen cambios).

Comentarios