
A provincia inmunizou a un 76,5% da súa poboación nese tramo de idade, cinco puntos por encima da media galega
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou que a provincia de Lugo alcanzou nesta campaña o maior porcentaxe de persoas maiores de 65 anos vacinadas fronte á gripe de toda Galicia, seguida pola de Ourense.
En total, segundo os datos facilitados polo Sergas, foron vacinados 73.523 persoas maiores de 65 anos, cunha porcentaxe de vacinación nese tramo de idade do 76,5%, o máis alto de Galicia e case cinco puntos superior á media galega, que quedou en 71,6%.
En canto ao número total de persoas vacinadas na provincia, foron inmunizadas 118.554, o que supón 32.550 máis que na campaña anterior.
En realidade, trátase da cifra máis alta de vacinados de toda a serie histórica.