miércoles. 21.08.2019 |
El tiempo
miércoles. 21.08.2019
El tiempo

Loa á actitude "dialogante" de Campos no seu adeus da Deputación

O presidente en funcións da Deputación agradeceu o ton dos discursos na súa despedida, tras un mandato "duro, pero de grande aprendizaxe"

Darío Campos e Xosé Ferreiro. VITORIA RODRÍGUEZO recoñecemento á actitude "dialogante" de Darío Campos caracterizou este luns as intervencións dos deputados que tomaron a palabra no pleno de disolución da actual corporación provincial, á espera da inminente configuración da próxima.

De feito, o presidente en funcións pechou a sesión plenaria agradecendo "o ton dos discursos de despedida", e lamentando "que non tivese sido así noutros momentos", en referencia a un mandato "duro, pero de grande aprendizaxe", admitiu.

Primeira en tomar a palabra, para Elena Candia os últimos catro anos "farán historia". A portavoz popular recoñeceu o aspecto positivo dunha etapa de "conflitividade política", que foi o de esixir "altura de miras a todos". Nese sentido, destacou a "capacidade de consenso e diálogo que demostrou o presidente", e puxo como exemplo a aprobación do plan único. Neste contexto, lamentou "que lle volveran facer un Martínez a Campos", en referencia á súa saída da Deputación.

Tras a súa intervención, Manuel Martínez despediuse da súa acta como deputado despois de 20 anos indicando que "todo queda atrás", en alusión a un convulso mandato do que foi peza crave, e do que lamentou o "arribismo" e a "máquina trituradora" na que, segundo el, se converteu a política.

O deputado non adscrito manifestouse "orgulloso do traballo na oposición e da maioría absoluta obtida en Becerreá" e concluíu o seu discurso desexando "sorte a todo o mundo no persoal, que non no político, ámbito no que nunca llela desexei".

O portavoz do BNG, Xosé Ferreiro, secundou as palabras de Candia en referencia a un mandato que "marcará a historia, polo malo e polo bo". No seu aspecto máis positivo valorou do "mesmo o cambio de filosofía no reparto dos fondos públicos".

DESPEDIDAS. O carácter de despedida da sesión plenaria veu dado, ademais, pola marcha de varios deputados. O nacionalista Antonio Veiga dixo adeus con palabras de agradecemento tras 16 anos no ente provincial, e para asumir maior responsabilidade no Concello de Barreiros. Pola súa parte, o exalcalde de Guntín, Jesús Carreira, que se retira da vida política, agradeceu o traballo da corporación.

Loa á actitude "dialogante" de Campos no seu adeus da Deputación
Comentarios